Marcelo Castelo, un dos nosos maiores expertos en transformación, liderado e novas tecnoloxías, será o protagonista este 10 de maio do programa SinFiltro, ciclo de faladoiros para “pór en valor e dar a coñecer a parte máis humana e persoal dalgúns dos grandes tecnólogos do país”. Ou sexa, para que os expertos en tecnoloxía falen “de todo menos de tecnoloxía”. A sesión con Marcelo Castelo, en streaming, está prevista para as 18.00. Na Rede están abertas as inscricións.
Marcelo Castelo é un recoñecido divulgador, investigador e autor de ensaios sobre comunicación, amais de ser o pai da teoría xeral das tres dimensións da comunicación humana. O tecnólogo galego debaterá vía streaming con Gonzalo Martínez Diéguez sobre diversas cuestións relacionadas coa vida, o sexo, a política, a relixión e, de xeito inevitable, as novas tecnoloxías.
SinFiltro achéganos unha cita non tecnolóxica co experto en tecnoloxías Marcelo Castelo
Compartir Este Artigo

