A iniciativa Tropaverde, impulsada en 2015 dende o Concello de Santiago e a empresa Teimas para fomentar hábitos sustentables en relación co lixo e o tratamento do mesmo, chegou este 11 de maio ao seu remate, e fíxoo cun balance de resultados. Segundo se fixo saber, a plataforma de gamificación de Tropaverde, que foi o seu principal instrumento para interactuar coa cidadanía, fixo posible a adhesión de máis de 4.000 socios e 15.000 accións de reciclaxe. A xornada de peche estivo presidida por Mila Castro, concelleira de Medio Ambiente.
A orixe
Tropaverde é unha iniciativa ambiental que naceu no ano 2015 impulsada polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo de premiar as boas accións ambientais e concienciar a cidadanía da importacia de reciclar os residuos dun xeito correcto.
A iniciativa TROPAVERDE baséase nunha plataforma de gamificación en liña que conecta a cidadanía, os lugares onde se poden depositar os residuos e os comercios e establecementos de hostalería da cidade que colaboran ofrecendo descontos ou agasallos directos.
Cifras destacadas
Nestes 7 anos de funcionamento da iniciativa, desenvolvida polo Concello de Santiago, as empresas Urbaser e Teimas Desenvolvemento, acadouse a adhesión de 4.065 socios, a participación de 150 patrocinadores locais, entregáronse 2.302 recompensas e realizáronse 15.168 accións de reciclaxe. No marco deste iniciativa tamén se levaron a cabo obradoiros, campañas de sensibilizacións e accións de sensibilización en colexios e na rúa.
Recoñecementos
No ano 2017 a iniciativa Tropaverde foi recoñecida como unha Boa Práctica polo Secretariado do programa europeo URBACT III e Santiago pasou a liderar unha rede de transferencia formada por cinco entidades locais doutros cinco países europeos: Grecia, Francia, Hungría, Portugal e Polonia.
No conxunto do Estado foron 17 as cidades recoñecidas por URBACT polas súas boas prácticas, pero só a Tropaverde aborda temática ambiental.
A plataforma de Tropaverde acadou 4.000 socios e 15.000 accións de reciclaxe
Compartir Este Artigo

