
A inauguración da xornada contou coa participación do o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, que agradeceu o esforzo de todos os participantes, desde alumnado ata profesorado, “por formar parte unha vez máis deste desafío no que Galicia demostra o interese e as posibilidades da formación en tecnoloxía para as novas xeracións”.

O desafío común consistiu en introducir nun espazo reducido os principais subsistemas dun satélite real. No transcurso da xornada deron a coñecer os seus proxectos e lanzaron desde un dron os CanSat deseñados (do inglés can, lata; e sat, satélite) ata unha altitude aproximada dun quilómetro e, a partir de aí, comezou a misión práctica, que consistiu en lograr a execución dun experimento científico, acadando unha aterraxe sen danos e a análise de datos recompilados durante o descenso.
O lanzamento foi gravado e documentado e formará parte dun audiovisual que poderá visualizarse na vindeira sesión do día 2 de xuño, cando se dará conta do proxecto elixido. Este terá ocasión de participará con equipos de toda España no verán en Granada. Á súa vez, o gañador da competición nacional poderá participar na competición internacional CanSat 2021 da Axencia Espacial Europea (ESA) a nivel europeo, esta vez de xeito virtual en setembro.
Máis de cincuenta estudantes da nosa terra lanzaron satélites dende As Rozas ao abeiro do programa CanSat
Compartir Este Artigo

