R incrementou o número de vivendas e empresas de Vilagarcía conectadas ás súas redes avanzadas. Asi, 60 novos inmóbeis do núcleo da Torre, no concello pontevedrés, xa poden dispoñer de accesos a Internet de ata 500 Mbps simétricos e do resto de servizos avanzados de R.
A despregadura destas redes está subvencionado polos Fondos FEDER da Unión Europea a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital.
No marco deste plan do Ministerio, a peche de ano serán 572 os fogares e negocios vilagarciáns con conexión á infraestrutura de nova xeración do operador galego.
R fai medrar o número de fogares de Vilagarcía con acceso aos seus servizos avanzados
Compartir Este Artigo

