A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela asinou un convenio con Sabadell Gallego polo que pon ao dispor dos membros da entidade cameral produtos e servizos bancarios destinados a facilitarlles o acceso ás novas tecnoloxías e a dar soporte a accións como o desenvolvemento sustentable, a responsabilidade social da empresa, a enerxía, o emprendemento e o networking. Tamén se inclúen medidas vantaxosas de financiamento.
O acordo foi asinado este mércores 2 de xuño entre Jorge Lorenzo, vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Pablo Junceda, director xeral de Sabadell Gallego.
En virtude da alianza, Sabadell Gallego porá ao dispor dos membros da Cámara liñas de financiamento subvencionado que saian ao mercado así como unha ampla gama de produtos e servizos financeiros en condicións preferentes. Tamén lles achegará as vantaxes do programa BStartup para dar apoio aos emprendedores que inician o seu proxecto; e información e asesoramento aos membros da Cámara sobre Proxectos Next Generation (en concreto sobre o fondo reestruturación europea que ten como obxectivo impulsar plans de recuperación, transformación e reformas sobre a base dunha sociedade verde, dixital e inclusiva).
Jorge Lorenzo trasladou a Pablo Junceda a implicación de todas as empresas que conforman o comité executivo e o pleno da entidade cameral.
Sabadell Gallego facilita o acceso ás novas tecnoloxías das empresas ligadas á Cámara de Santiago
Compartir Este Artigo

