O Fórum Carballo acolleu a semana pasada a clausura do curso Introdución ao marketing dixital para emprendedores, organizado polo Carballo Coworking e impulsado desde a Oficina de Promoción Económica do Concello. Rematada a cuarta e última sesión, celebrouse o acto de entrega de diplomas aos participantes, ao que asistiron o alcalde Evencio Ferrero, e o concelleiro de Formación, Innovación e Emprego, Iván Andrade.
Participaron 13 persoas emprendedoras e autónomas. Foi a primeira acción formativa presencial do ano e levouse a cabo na aula de informática do Fórum dende o xoves 27 de maio. José Collazo, director da axencia local de mercadotecnia online e deseño web, A Meiga, foi o encargado de impartir os contidos. O éxito do curso (en participación e repercusión) debeuse, en palabras do edil de Formación, “á incesante demanda formativa en materia de novas tecnoloxías e dixitalización, incrementada aínda máis tras a pandemia”. Neste sentido, asegurou que “desde o goberno apostamos por unha formación de calidade
O alcalde agradeceu a participación de todos os/as asistentes e lembroulles a importancia dunha formación continuada, especialmente no ámbito das tecnoloxías, co desexo de que “esta formación resulte de utilidade e proveito para desenvolver os proxectos que tedes en marcha e adaptar as vosas empresas aos novos tempos”.
Foron catro días para coñecer polo miúdo as claves para elaborar un bo plan de mercadotecnia en liña, os segredos para triunfar nas redes sociais, as metodoloxías básicas do posicionamento e da analítica web e como elaborar as nosas propias creatividades gráficas dixitais.
Carballo clausurou o seu curso de mercadotecnia dixital para emprendedores, no que participaron 13 persoas
Compartir Este Artigo

