Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En Galicia están a desenvolverse 30 proxectos piloto da 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En Galicia están a desenvolverse 30 proxectos piloto da 5G

Redacción
Publicado: 15/06/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Mar Pereira participou está mañá na inauguración das xornadas O poder transformador da 5G nas que se está a informar sobre a evolución dos 12 casos de uso que desenvolve Telefónica en Galicia. A directora da AMTEGA agradeceu a esta empresa que elexira a Galicia como o escenario para a realización das primeiras experiencias piloto da 5G en España.

Este posicionamento de Galicia como rexión de referencia cara ao despregamento desta tecnoloxía foi posible grazas a aprobación a mediados de 2018 do Plan Galicia 5G como ferramenta estratéxica para impulsar as aplicacións da última xeración de telecomunicacións na industria e a sociedade e o despregamento das redes na nosa Comunidade autónoma. Neste sentido, Galicia acolleu a primera experiencia mundial de roaming en 5G e Vigo e A Coruña están entre as primeiras cidades de Europa en dispoñer desta tecnoloxía.

Mar Pereira suliñou que a planificación de Galicia está aliñada coas estratexia do Estado e da Unión Europea e enmarcada na Estratexia Galicia Dixital 2030, e na Estratexia Galega de Intelixencia Artificial, aprobada polo Consello da Xunta da pasada semana.

A directora da AMTEGA referiuse á importancia da tecnoloxía 5G para os entornos rurais e o papel clave que pode desenvolver para resolver dun xeito definitivo as limitación de cobertura con outras tecnoloxías de determinadas zonas, debido á dispersión da poboación. Neste sentido, a Xunta trasladou ao Goberno as prioridades de Galicia en materia de cobertura, entre as que se atopa a necesidade de priorizar para a dotación da 5G a aquelas zonas ás que aínda non puido chegar a 4G.<

Na actualidade, Galicia acolle 30 experiencias piloto cos principales operadores de telefonía. Estes programas implican un investimento de máis de 22 millóns de euros.

12 destes pilotos están sendo liderados por Telefónica nunha Unión Temporal de Empresas (UTE); 13 pola UTE liderada por Orange e 5 pola de Vodafone. Os proxectos integran a máis de 27 entidades públicas e privadas entre participantes, axentes colaboradores e clientes.

Os proxectos desenvolvidos pola UTE liderada por Telefónica refírense a:
· Retransmisión de vídeo en Ultra Alta Definición en Directo;
· streaming de Vídeo en eventos e situacións de emerxencia:
· atención médica na contorna rural;
· túnel conectado (Túnel do Cereixal);
· internet e TV sobre un acceso fixo radio 5G;
· inspección e mantemento das vías ferroviarias con drons;
· Scan 3D, realidade aumentada e modelos 3D para asteleiro;
· realización e emisión automática de eventos deportivos;
· exploración e diagnóstico oftalmolóxico remoto;
· antenas 5G con baixo impacto visual;
· cobertura en altura para o servizo de drons, e
· redes flexibles: capacidades diferenciadas por servizos e clientes.

Os proxectos de UTE liderada por Orange son sobre:
· Acceso remoto a cámaras 360º mediante dispositivos de realidade virtual na praza do Obradoiro ao servizo do turismo intelixente;
· control de empaquetado mediante proceso e imaxe para conserveira;
· control de acceso con identificación biométrica baseado en vídeo para a lonxa de Vigo;
· xestión de loxística de vehículos de transporte alimentario;
· asistencia remota do alumnado con video streaming para a Universidade de Vigo;
· sistema de vixianza con drons en entorno portuario;
· asistencia remota a persoal de campo (da industria e de emerxencias médicas) mediante realidade aumentada;
· medición de parámetros agronómicos e ambientais;
· verificación e control de procesos de produción críticos a través de comunicacións sen fíos;
· servizo de comunicación de banda larga a través da 5G en zonas remotas;
· xestión intelixente do Campus: control de tráfico, control de accesos… para a Universidade de Vigo;
· xogos on line multixogador en Cloud Gaming a través da 5G, e
· retransmisión en directo de eventos deportivos a través da 5G.

Os proxectos da UTE liderada por Vodafone son sobre:
· Mellora na xestión do tráfico comunicando a información entre vehículos e elementos da estrada;
· alta previsión en GPS diferenciais embarcados en vehículos;
· primeira experiencia mundial real de conexión transfronteiriza en mobilidade con 5G (entre Tui e Valença do Minho);
· apoio á xestión dos medios implicados na extinción de incendios con envío de datos e vídeo en tempo real, e
· conectividade dunha sucursal bancaria móbil para o rural.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?