Coincidindo co Día Europeo da Música chega a España o servizo Movistar Música, unha plataforma musical en liña con máis de 50 millóns de cancións sen publicidade, con modo de descarga fóra de liña, que inclúe, aparte dos temas musicais, algúns contidos exclusivos como entrevistas, encontros cos artistas e concursos.
Este novo servizo de música en streaming está dispoñible para dispositivos con Android e iOS, así como en Movistar Home, contando con modalidades Lite e Premium. Con Movistar Música Lite poderemos elixir entre máis de 5.000 listaxes de reprodución exclusivas, descartar o Top 40 e ata 5 listaxes de reprodución á semana, así como acceder a unha selección de contidos adicionais por 4,99 euros/mes; mentres que por 9,99 euros/mes está Movistar Música Premium, con acceso ilimitado aos 50 millóns de cancións do catálogo, e que pode considerase coa fórmula coa que compite con Spotify, Apple Music, Amazon Music, Tidal e outras plataformas semellantes coas que Movistar terá moi complicado competir, xa que parece ofrece un servizo bastante inferior a igualdade de prezo.
Movistar estrea servizo de música en streaming
Compartir Este Artigo
