
Os datos froito da colaboración entre USC e The Conversation foron presentados este xoves polo vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, Gumersindo Feijoo Costa, nun encontro con medios no que estivo acompañado por Rafael Sarralde, director xeral e co-fundador de The Conversation España; e por Luis Felipe Torrente, co-fundador e director de The Conversation España.
Os responsables da plataforma salientaron natureza deste medio como “altofalante para comunicarse coa sociedade”. En total, a web, dende a súa creación en 2011, superou a barreira dos cento cincuenta millóns de lecturas e alberga preto de 5.000 autores. “O que pretendemos é axudar a que a linguaxe científica sexa accesiblea todos os públicos, estreitando o espazo entre ciencia e sociedade”, sinalaron.
The Conversation naceu en Melbourne (Vitoria, Australia), e a súa innovadora plataforma tecnolóxica e o seu equipo de desenvolvemento están asentados no complexo universitario de Carlton. A redacción da edición española de The Conversation está radicada en Madrid. O equipo forma parte dunha rede internacional de editores que traballan nas edicións de Australia, Reino Unido, Estados Unidos, África, Francia, Canadá e Indonesia.
Os artigos da USC na plataforma de divulgación The Conversation superan a barreira das 200.000 lecturas
Compartir Este Artigo

