A operadora Adamo prosegue neste inicio de verán os seus traballos para dotar de cobertura avanzada a provincia de Lugo. Nestes últimos días a compañía de telecomunicacións puxo o foco en Lourenzá, onde está a dotar ás catro parroquias do concello de fibra óptica de última xeración, que estará operativa de xeito integral ao remate da tempada estival. Isto tradúcese nunhas 1.300 vivendas e negocios con posibilidade de gozar das telecomunicacións de vangarda (incluíndo Internet de 1.000 Mbps, segundo Adamo a “máis rápida que existe hoxe no mercado”).
Primeiro as vivendas de Santa María e San Xurxo
Até 1.000 vivendas de Santa María e San Xurxo teñen, neste mes de xuño, conexión a Internet de alta velocidade proporcionada por Adamo. A compañía continuará expandindo a súa propia fibra óptica no concello durante a época estival. En concreto, o operador activará o seu sinal noutros 300 fogares de San Tomé e Santo Adrao entre xullo e agosto. Como consecuencia, sa catro parroquias de Lourenzá terán fibra óptica a finais de verán.
Apoio do Concello de Lourenzá
Adamo conta para esta iniciativa coa colaboración das autoridades locais, en particular da alcaldesa, Rocío López García. Iso quedou de manifesto na presentación do servizo que proporciona a compañía de telecomunicacións, efectuada recentemente ante a rexedora por David Llano, responsable de Adamo en Galicia.
Máis de 50.000 vivendas conectadas en Lugo
Desta maneira, o operador prosegue co seu desenvolvemento en Lugo, provincia na que xa fornece de sinal a 50.000 fogares, facendo especial fincapé na zona da Mariña. Entre outros concellos, en Begonte, Cervo, A Fonsagrada, Xove, Barreiros ou Foz, así como na parroquia de Celeiro.
Máis de 76.500 domicilios en Lugo
Este paso en Lourenzá enmárcase na aposta da empresa pola contorna lucense, na que instalará Internet de alta velocidade en 26.530 inmóbeis ao longo de 2021 e 2022. Sumados ás 50.000 actuais, Adamo alcanzará un total que pasa as 76.500 vivendas na súa rede lucense a finais do próximo ano.
As catro parroquias de Lourenzá terán fibra óptica de Adamo este verán
Compartir Este Artigo

