O anterior presidente dos EE.UU., Donald J. Trump, participou nunha convocatoria de prensa para anunciar que ía presentar unha demanda xudicial contra os máximos responsables de Facebook, Twitter e Google acusándoos de censuralo.
Con esta demanda Trump pretendería que as súas contas nas redes sociais fose restituídas e incluso solicita que o tribunal determine que os xigantes tecnolóxicos teñan que facerse cargo dos danos punitivos causados, ignorando que Trump incumpriu reiteradamente as normas das plataformas sociais, que non tomaron medidas drásticas ata que Trump incitou á violencia durante o asalto ao Capitolio o pasado mes de xaneiro, polo que Facebook e Twitter decidiron ser drásticos argumentando motivos de seguridade pública.
Este anuncio de Trump considérase unha acción de relacións públicas, xa que legalmente non parece ter base, xa que denuncia que as plataformas sociais violaron a Primeira Emenda da Constitución Estadounidense, que limita a censura por parte do Goberno, non das empresas privadas (algo constatado en numerosas sentenzas xudiciais que consideran que as plataformas sociais non están afectadas pola Primeira Emenda). Ante os medios incluso recoñeceron que a demanda non busca un acordo, senón que simplemente quere exercer presión sobre as plataformas sociais para que non moderen os contidos que consideran que deberían estar protexidos en virtude do que entenden como liberdade de expresión.
Trump denuncia a Facebook, Twitter e Google
Compartir Este Artigo
