Os eventos TED están moi ligados a encontros presenciais que posteriormente poden seguirse na Rede, pero aínda que estes contidos estean pensando principalmente para un formato audiovisual, moitos destes relatorios poden seguirse de xeito sonoro, de aí que este mesmo ano lanzasen TED Audio Collective, unha colección de podcasts para os afeccionados ás charlas TED, que atoparán aí contidos sobre deseño, ciencia, tecnoloxía e outros temas interesantes, e que agora queren levar a experiencia a outro formato sonoro de moda, o das salas de audio, estreándose en Clubhouse.
O Club de TED en Clubhouse comeza cun relatorio de Mir Harris e A. J. Jacobs titulado Thanks Your Ass Off, no que sería unha primeira entrega dunha cita semanal. Esta iniciativa é froito da colaboración entre TED e Clubhouse, de xeito que TED é libre de realizar publicidade neste novo espazo sen que Clubhouse colla tallada. Tamén é posible que estas conversas poidan recuperar no futuro en formato podcast.
Clubhouse está a pechar acordos con moitas outras marcas para crear contidos que resulten atractivos para os usuarios e poidan así manter o interese nesta plataforma, confirmando que veñen de pechar un acordo coa NFL, aínda que os seus competidores tampouco están impasibles, e espérase que nos vindeiros meses vivamos unha forte competencia entre as salas de voz de Facebook, Twitter Spaces, Clubhouse e Greenroom (Spotify).
TED organizará salas semanais en Clubhouse
Compartir Este Artigo
