
Participou, entre outros, o profesor Felipe Gil, que foi o encargado de abrir as xornadas cunha charla sobre o impacto das novas tecnoloxías 5G de investigación. “Polo de agora o que se ven son eses despregues iniciais, unhas maiores capacidades de largo de banda, unhas capacidades de Internet das Cousas iniciais, novas instalacións virtualizadas… Digamos que notamos unha pequena evolución, pero non ese cambio radical que suporá a 5G”, salientou Gil, quen afirmou que a partir de agora e en todo o que será o período 21-23 se irán implantando esas novas tecnoloxías que realmente si suporán un cambio. “A partir de 2024 será cando realmente imos poder ver o salto tecnolóxico da 5G, cando se fará verdadeiramente apreciable esa nova tecnoloxía”, remarcou o investigador de AtlantTIC, o centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación impulsado pola Universidade de Vigo.
Segundo engadiu, o gran chimpo verase en cousas como o control de drons (con capacidade incluso de procesado de información), nas novas aplicacións de Realidade Aumentada en contornas industriais ou nas aplicacións de emisión crítica e produción cooperativa, etc.

Xunto a eles participaron tamén na xornada Xoel Vázquez, da empresa Xoia, que afondou no impacto da Realidade Aumentada no ámbito do turismo, e Alfredo Vallejo, de Orange, que se centrou nos novos servizos 5G.
Respecto dos premios do Hackathon Teleco 5G, finalmente foron seleccionados tres equipos finalistas, composto cada un deles por tres estudantes, todos eles alumnos do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación, do Mestrado en Ciberseguridade e tamén de doutoramento.
O chimpo da 5G será apreciable pola cidadanía a partir de 2024
Compartir Este Artigo

