O Consello da Cultura Galega quixo conmemorar cun especial web o centenario da Misión Biolóxica de Galicia, institución científica impulsada en abril de 1921 por científicos tan sobranceiros como Cruz Gallástegui ou Osorio-Tafall e cuxo papel foi decisivo para a modernización agrogandeira da nosa terra no século XX.
As celebracións están a desenvolverse este 15 de xullo, co Centro Superior de Investigacións Científicas (CISC) celebrando en Salcedo (Pontevedra) o acto oficial de celebración do centenario desta entidade (no que estará presente Rosario Álvaro, presidenta do CCG).
A esta efeméride o Consello da Cultura Galega quixo contribuír cun especial web que xunta as biografías de destacados membros que a conformaron e que están no Álbum de Galicia (como Osorio-Tafall, Miguel Odriozola, Ramón Blanco, Jesús Andreu, Ernesto Viéitez, Juan López Suárez ou o devandito Cruz Gallástegui). Acompáñase cun artigo contextualizador de Francisco Díaz-Fierros, catedrático emérito de Edafoloxía da USC.
O CCG conmemora cun especial web o centenario da Misión Biolóxica de Galicia
Compartir Este Artigo

