A empresa galega SIVSA deu novo pasos como referente tecnolóxico no ámbito das administracións, ás que leva anos proporcionando sistemas, ferramentas e equipamentos. Desta volta, a firma viguesa confirmou que achegará equipos informáticos á Fundación para o Fomento en en Asturias da Investigación Científica Aplicada e a Tecnoloxía (FICYT).
Trátase do subministro dun completo lote de computadores portátiles ultralixeiros, con cinco anos de garantía. A operación materializouse logo de resultar adxudicataria SIVSA dun novo contrato o pasado mes de marzo.
“Con esta iniciativa, reforzamos a nosa presenza na Administración do Principado e a nosa relación como provedora tecnolóxica de confianza desta institución pública, iniciada hai case unha década, e que hoxe mantén grazas ao servizo prestado”, explicaron fontes da empresa galega, engadindo que o FICYT é un organismo adicado a promover, incentivar e promocionar actividades dirixidas á investigación científica que contribúan ao desenvolvemento económico e social de Asturias e á mellora das condicións de vida dos seus habitantes. Entre as súas actividades principais atópanse as de emprestar servizos de información sobre programas de Investigación e Desenvolvemento (I+D) dos eidos autonómico, estatal e internacional, así como asistir na preparación de propostas e máis na procura de socios comerciais. Asemade, impulsa a creación de empresas innovadoras.
O FICYT volve confiar na galega SIVSA para a dotación de equipos informáticos
Compartir Este Artigo

