
O grupo Novos Medio da USC será o encargado de deseñar o devandito sitio web e traballará na posta en marcha dunha ferramenta tecnolóxica interactiva que funcionará a xeito de rede social entre a comunidade neofalante e favorecerá a creación de comunidades virtuais de todo o mundo que empreguen o galego.
A web servirá tamén como fío de contacto entre distintos sectores que empregan a lingua galega para facer negocio, polo que se creará unha área empresarial específica destinada a conectar a responsables de empresas ou persoas interesadas en crear negocios e a servir de enlace entre estes, en distintos países, a través da lingua galega. O proxecto será desenvolvido desde este ano e ata 2023 por parte da USC.
O grupo Novos Medios da USC deseñará un proxecto dixital sobre o fenómeno do neofalantismo
Compartir Este Artigo

