
Son algunhas das cifras que suma a iniciativa Instagrammers no Camiño, que tivo continuidade logo das camiñadas nas redes sociais, despois de que os catro influencers protagonistas remataran a súa experiencia xacobea, que os levou entre o 8 e o 11 de xullo polo Camiño Portugués ata Santiago de Compostela.
Segundo fai saber Turismo de Galicia, “todos os participantes mantivéronse moi activos sumando publicacións baixo o cancelo #GaliciaDestinoSeguro e #CamiñaAGalicia tanto durante o Camiño como despois, en que seguiron facendo publicacións de vídeos, imaxes e algúns deles fixeron directos cos seus seareiros, o que permitiu darlle continuidade a unha proposta que achegou o Camiño a públicos máis novos con pouco contacto ou coñecemento arredor da cultura xacobea e as peregrinaxes”.
A Xunta tamén salienta que “a meirande parte dos comentarios foron positivos e os integrantes da iniciativa compartiron cos seus seareiros a experiencia, comentaron aspectos como a preparación física, os imprescindibles do Camiño ou a escolla de lugares onde durmir”.
Os instagrammers do Camiño de Santiago acadaron máis de 13 millóns de impactos
Compartir Este Artigo

