
Trátase basicamente dun certame audiovisual onde os vídeos que se acheguen teñen que cumprir os seguintes requisitos: deberán estar en galego, ter como temática o Día da Patria Galega e seguir o formato da aplicación TikTok. As persoas participantes, que deben ter trece anos ou máis, terán que anotarse e entregar o vídeo mediante o enderezo electrónico normalizacion.linguistica@apobra.gal. Os premios serán un lote de produtos culturais galegos e estabelécense un total de 3 distincións valoradas en 100 euros cada unha: ao máis orixinal, ao máis divertido e ao máis creativo.
A data límite para a inscrición estipúlase no día 31 de xullo e, unha vez formalizada, outorgarase a cada persoa un código de identificación para pór na súa gravación. O envío das pezas farase antes de rematar o día 5 de agosto e as gañadoras faranse públicas a partir do día 10 de agosto. As bases están ao dispor na páxina web do Concello.
A Pobra impulsa o concurso Galeguizando TikTok para conmemorar o 25 de xullo
Compartir Este Artigo

