Como avance de cara ao vindeiro lanzamento de Windows 11 os usuarios empresariais xa poden optar a instalar a versión preliminar de Windows 11 nos seus equipos, facilitando así que nas empresas poidan comprobar se os seus equipos son compatibles coa vindeira actualización do sistema operativo de Microsoft, que en equipos que non cumpran cos requisitos mínimos terían que optar pola versión 21H2 de Windows 10.
Os equipos de empresa que comezan a recibir a opción de instalación de Windows 11 na súa versión preliminar son os que están dentro do programa Insider de Windows, sendo esta versión preliminar totalmente opcional, de xeito que as compañías que prefiran agardar a unha versión máis madura do sistema tamén poden agardar.
Aparte da instalación a través de Windows Update, tamén é posible a descarga dunha imaxe ISO da versión preliminar de Windows 11, onde están dispoñibles dende as versións dos aneis Dev e Beta de Windows 11, como a nova Release Preview, que sería a máis recomendable de cara a probar a comprobar o bo funcionamento de Windows 11 nos nosos equipos de cara á súa futura adopción cando vexa a luz a partir do vindeiro 5 de outubro.
Windows 11 estrea versión preliminar para empresas
Compartir Este Artigo
