O éxito de TikTok a nivel mundial é innegable, o que provocara que o Goberno dos EE.UU. quixera pór cancelas a esta plataforma social nacida en China, pero polo momento a súa popularidade non cesa e o seu nivel de uso está tan disparado que segundo a empresa de monitorización de aplicacións App Annie estaría a superar en tempo medio de uso a YouTube en EE.UU. e Reino Unido.
Actualmente YouTube segue a ser o rei en tempo consumido, dado a que ten moitos máis usuarios que TikTok (pois chega a un público moito máis amplo), pero a cousa cambia cando miramos o tempo por persoa, deixando claro que TikTok está a conseguir reter mellor aos espectadores.
Os datos de App Annie son relativos a dispositivos con Android fóra de China, ou sexa, que os resultados de TikTok aínda serían mellor dos medidos, xa que en China baixo a marca Douyin a aplicación ten moitísima forza (e nese mercado non está YouTube).
En calquera caso, do que non hai dúbida é do peso que está a conseguir TikTok, que foi a aplicación máis descargada no mundo dende 2020 e no que se refire a tempo consumido por usuario leva gañando a YouTube nalgúns territorios dende o mes de xuño, polo que demóstrase que plataformas emerxentes como TikTok e Twitch poden ter moito que dicir fronte a xigantes como YouTube.
TikTok está a coller a dianteira a YouTube en retención de usuarios
Compartir Este Artigo
