Aínda que Qualcomm segue a ser o grande referente no sector dos procesadores móbiles, datos de Counterpoint apuntan a que o seu principal competidor, MediaTek, estaría a superalo en unidades colocadas no mercado durante o segundo trimestre de 2021, conseguindo acaparar o 43% do mercado, mentres que Qualcomm quedarían co 24%, o que parece consecuencia da grande demanda de móbiles 5G de gama media e dos fabricantes aos que recorre MediaTek, que tiveron menos problemas de abastecemento en plena crise dos semicondutores.
Se falamos dos procesadores de radio que veñen nos móbiles 5G, Qualcomm aínda mantén unha cota de mercado dominante (55%), moi por diante de MediaTek (30%) e de Samsung (10%), en boa media porque subministra a súa tecnoloxía a numerosos fabricantes (entre os que figura a propia Apple).
Haberá que ver como vai evolucionando a situación destes fabricantes, pero o que parece quedar claro é que Qualcomm xa non ten unha posición de forza tan esaxerada como en anos anteriores, e a competencia está a facer que a 5G estea ao alcance dos consumidores a prezos asumibles.
MediaTek adianta a Qualcomm en volume de procesadores para móbiles
Compartir Este Artigo
