Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Cheque Dixital pecha mañá a súa segunda convocatoria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Cheque Dixital pecha mañá a súa segunda convocatoria

Redacción
Publicado: 29/09/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou hoxe as instalacións da Autoescola Sálvora en Vilagarcía, onde puxo en valor a adaptación e a aposta do tecido produtivo da comarca pola dixitalización, na procura da mellora continua da súa competitividade.
Así, durante a visita, Guldrís salientou as posibilidades que ofrece a pemes e autónomos galegos o Cheque Dixital, que mañá pecha a súa segunda convocatoria e que, como sucedera na primeira, ten dado mostras “dun gran interese” por parte do tecido empresarial. Así, expuxo o director do Igape, as axudas facilitarán o desenvolvemento de proxectos de mellora dos procesos dixitais dos beneficiarios.
É o caso de Autoescolas Sálvora, que grazas á primeira edición ao Cheque Dixital iniciou un cambio tecnolóxico que lle permitiu a implantación dun sistema informático nas súas cinco sedes (Vilagarcía, Vilanova, Sanxenxo, Cangas e a Illa de Arousa), co que agora pode atender os clientes online, facilitando a través da web a contratación e os pagamentos, así como o desenvolvemento das clases teóricas.
Este é un dos proxectos apoiados o ano pasado no Salnés a través do Cheque Dixital, un programa que impulsou, na primeira edición, 126 iniciativas na comarca que sumaron investimentos superiores aos 500.000 euros, contribuíndo así á adaptación tecnolóxica do tecido produtivo. Así, só en Vilagarcía se promoveron 36 proxectos no marco desta liña, outros 35 en Sanxenxo, 17 no Grove ou 13 en Vilanova.
Neste marco, Guldrís resaltou que coa segunda convocatoria do Cheque Dixital, a Xunta aspira a chegar en Galicia a máis de dun milleiro de autónomos e pemes. Desta volta, a liña suma un orzamento de 4M€, cubrindo desde a habilitación de sistemas de control de aforo ou de normas de calidade da covid-19, ata outro tipo de melloras como a aposta por mecanismos de cartelería electrónica, sistemas de notificación en móbil, automatización de procesos regulados ou a aplicación de solucións de conectividade e incorporación do teletraballo ou relativas á ciberseguridade.
Poden aspirar a estes apoios as pemes e autónomos do sector servizos e tamén as entidades do tecido asociativo e empresarial galego. Os gastos realizados deberán ascender a un mínimo de 1500 euros, chegando a un máximo de 12.000 euros, e cubrindo a liña ata o 80% do custo dos proxectos, coa posibilidade de obter un anticipo sen garantías pola metade da axuda.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?