Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ILG e o CiTIUS colaborarán para facer realidade o Proxecto Nós
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ILG e o CiTIUS colaborarán para facer realidade o Proxecto Nós

Redacción
Publicado: 26/10/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20211026_proxecto_nos_01.jpgEsta mañá presentouse o primeiro acordo para o Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da lingua galega, que supón o inicio do desenvolvemento desta iniciativa coa que se incorporará o galego ao eido dixital. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade, Antonio López, xunto á directora da AMTEGA), Mar Pereira, informaron sobre esta colaboración coa que o proxecto se nutre dunha primeira inxección económica que permite avanzar na planificación e dotación de recursos.
Román Rodríguez asegura que «este é un proxecto ambicioso, de país, pensado para o curto, medio e longo prazo e no que resulta imprescindible un apoio público que garanta chegar alá onde o mercado non chega». O convenio entre ambas institucións supón un primeiro investimento de 150.000 euros grazas ao que arrincará a fase inicial no desenvolvemento do proxecto para definir, deseñar e elaborar a planificación cunha proposta inicial da estratexia.
Así, de xeito coordinado e colaborativo, a Xunta e a Universidade de Santiago, a través do Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), comezarán coa catalogación dos recursos dispoñibles para levar a cabo un deseño das diferentes partes do Proxecto Nós, en dúas grandes áreas: procesamento de voz e procesamento de texto. Definiranse os equipos de traballo, as estratexias de coordinación entre eles e metodoloxías de seguimento e avaliación da calidade, tanto dos recursos como das ferramentas resultantes.

Asistentes de voz e teleasistencia avanzada

20211026_proxecto_nos_02.jpgComo indicou Román Rodríguez, «estamos ante un primeiro paso clave co que blindamos ese apoio público necesario para que Galicia poida participar no mundo dixital sen renunciar á súa lingua ao tempo que situamos a nosa Comunidade na vangarda da Intelixencia Artificial e Tecnoloxías da Linguaxe aplicadas a este fin». Trátase dunha colaboración coa que se sentan as bases dun proxecto «para o que prevemos destinar 15,5 millóns de euros ao abeiro dos fondos europeos Next Generation».
O titular de Cultura e Educación referiuse ao carácter estratéxico deste proxecto ao supor «o maior investimento directo na promoción do galego de toda a nosa historia cunha transcendencia que vai moito máis alá da promoción do uso da lingua». Neste sentido, recordou que se trata dunha iniciativa coa que se compilará unha ampla variedade de recursos lingüísticos dixitais de calidade en galego, de balde e en código aberto para que poidan ser empregadas por todo tipo de empresas e institucións, posibilitando o acceso en lingua galega a un gran abano de produtos dixitais presentes pero tamén futuros.
O Proxecto Nós conseguirá a presenza do galego en asistentes de voz, subtitulación automática de contidos audiovisuais, apoio ao diagnóstico médico, servizos de teleasistencia avanzada, tramitación administrativa a través de asistentes virtuais, entre outros.
O Proxecto Nós confía en contribuír ao proxecto de país non marco dos fondos Next Generation que anunciou recentemente o Goberno da España para desenvolver as tecnoloxías da lingua e, en concreto, a aplicación da intelixencia artificial e que as máquinas falen non só español senón tamén galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?