
Amais, o abeiro do programa, o Concello construirá un novo espazo dixital no CEIP Ponte dos Brozos, unha aula para facer avanzar proxectos innovadores que estará a disposición de estudantes e do corpo docente do propio colexio e tamén doutros centros do termo municipal. A sala terá preto de 120 metros cadrados e para a súa consecución comezarase en breve cos traballos de acondicionamento.
Inés Ramos, edil de educación, dixo que “a idea que tratamos co grupo de docentes e a dirección do colexio pasa por adecuar un espazo para que se poida instalar un club de ciencias, un estudo de gravación audiovisual e máis unha Aula de Futuro, e que serán ferramentas para que docentes e alumnos profunden nos ámbitos educativos relacionados coas novas tecnoloxías”.
O investimento municipal neste novo recinto roldará os 140.000 euros.
O Concello de Arteixo fortalece a educación dixital dos colexios locais con 180.000 euros
Compartir Este Artigo

