Hai unhas semanas comentamos que Starlink comezou a abrirse a contratacións en España a un prezo de 108 euros/mes aos que habería que engadir 499 euros de equipamento, e comezan a rexistrar altas, de xeito que xa sabemos máis da calidade do servizo que busca ser a solución para usuarios que non poden gozar de banda larga fixa nin móbil.
Sabemos así dun usuario nunha zona montañosa de Cataluña que está a gozar de velocidades de descarga de 339 Mbps e de subida de 59 Mbps, cunha latencia de entre 19 e 70 milisegundos, polo que estamos ante conexións que poden achegarse moito ás da fibra óptica, aínda que o seu prezo é bastante superior. O usuario que está a gozar desta velocidade de acceso mediante Starlink antes só podía conectarse á Rede mediante 4G a unha velocidade de ata 10 Mbps.
Outro cliente dunha zona sen cobertura de fibra nin ADSL preto de Barcelona tamén manifestou que conseguía velocidades de descarga de 348 Mbps e de subida de 46,76 Mbps, cunha latencia de 38 milisegundos, polo que as velocidades prometidas por Starlink parecen cumprirse, o que para moitos usuarios é unha saída á súa actual situación de illamento a nivel de telecomunicacións.
Starlink dá velocidades superiores aos 300 Mbps en España
Compartir Este Artigo
