
En total, a compañía levou Internet de alta velocidade a 856 localidades de 24 concellos lucenses no citado período. Para sufragar estes traballos, Adamo investiu 20 millóns de euros na provincia, así como fixo posible a contratación de 300 traballadores locais nos seguintes ámbitos: enxeñaría, despregamento, mantemento e comercialización.
A compañía destaca que “aínda que se recibiron subvencións para a expansión da fibra óptica”, os investimentos propios da empresa na nosa terra superan os importes desas axudas públicas: “Cableamos concellos enteiros para instalar fibra óptica en toda a zona, non considerando unicamente entidades singulares subvencionadas. Como é lóxico, seguimos as directrices marcadas nas resolucións administrativas, pero non quedamos neses límites: despregamos alí onde haxa demanda e sexa tecnicamente viable facelo. Lugo figura como unha prioridade no noso plan de expansión, seguiremos apostando forte pola provincia”, resume Martin Czermin, director executivo (CEO) de Adamo.
A finais deste ano, 80.000 vivendas conectadas
A operadora confirmou que o traballo de despregadura prosegue este ano que vén de dar comezo. En concreto, a compañía proporcionará Internet de alta velocidade a outros 14.000 fogares da provincia ao longo deste ano para sumar un total próximo aos 80.000 domicilios conectados antes de que conclúa 2022.
A empresa tamén pon o foco na calidade do servizo, facendo fincapé en que se trata “da fibra óptica máis rápida que se atopa hoxe dispoñible”, subliñan fontes de Adamo, engadindo que “estamos particularmente orgullosos dos nosos 1.000 Mbps, fomos os primeiros en pór esta velocidade no mercado; na actualidade, permite satisfacer a brutal demanda que existe de contar cunha conexión a Internet de calidade nuns tempos marcados polo coronavirus”, conclúe Martin Czermin.
A fibra óptica de Adamo chegou a 65.000 vivendas da provincia de Lugo entre 2018 e 2021
Compartir Este Artigo

