
Implicarán a 47 empresas a través das dúas liñas de axudas públicas, Conecta Hubs e Conecta COVID, que teñen o obxectivo común de “incentivar a innovación baseada na transformación dixital nas empresas galegas, en especial nas pemes”. Ademais, representan unha evolución da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).
DATAlife Hub de Innovación Dixital pon a disposición dos proxectos as súas capacidades e servizos, e as dos seus asociados, para acompañar, promover e introducir no mercado os resultados dos proxectos, todo iso enmarcado dentro do convenio de colaboración asinado en 2021 coa axencia autonómica.
“En DATAlife, que traballa na dixitalización das pemes vinculadas ás ciencias da vida, colaboramos coa axencia GAIN nesta iniciativa para reforzar a investigación e innovación en Galicia e buscar solucións que axuden a combater a COVID-19”, explica Pablo Álvarez Freire, presidente do Hub de Innovación Dixital e director xeneral adxunto do Grupo Zendal, engadindo que con esta liña de traballo achégase tamén “unha oportunidade para avanzar na dixitalización do noso ecosistema empresarial”.
A convocatoria Conecta Hubs apoia proxectos colaborativos de I+D+i para a mellora dos procesos de dixitalización e creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados para as pemes. Tres destes proxectos, que engloban a un total de 12 empresas, terán seguimento por parte de DATAlife Hub de Innovación Dixital. Esta axuda está co-financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020. Pola súa banda, Conecta COVID conta cun orzamento de catro millóns de euros. Esta iniciativa está enmarcada no programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020, dentro do eixo REACT-UE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia. O nove proxectos aprobados na convocatoria Conecta COVID alíñanse cos retos de DATAlife, polo que o Hub mobilizou o 100 por cento do financiamento que irá dirixida a estas ideas empresariais.
DATAlife mobiliza doce proxectos que implican a 47 empresas a través das convocatorias Conecta Hub e Conecta COVID
Compartir Este Artigo

