A Academia Galega do Audiovisual presentou a nova web Premios Mestre Mateo, con motivo do seu vixésimo aniversario. A páxina está estruturada en apartados que facilitan a súa navegabilidade con información sobre as candidaturas, bases e calendario dos galardóns audiovisuais galegos e de edicións anteriores.
Habilitouse tamén unha sala de comunicación na que a academia irá actualizando materiais como notas, fotografías e materiais gráficos.
O vindeiro 10 de febreiro anunciaranse as candidaturas finalistas.
Os XX Premios Mestre Mateo vén este ano cunha edición de aniversario dos vinte anos de andaina do certame que culminará o vindeiro 19 de marzo, na gala de entrega de premios onde se darán a coñecer as gañadoras e gañadores deste ano.
A celebración terá lugar nun novo recinto: Expocoruña. Neste espazo estrearase un novo formato para a cerimonia, cos finalistas das distintas categorías sentados en mesas ao redor dun escenario, cun formato similar ao doutras populares entregas de premios como os Globos de Ouro ou os Premios Feroz, segundo informan dende a Academia Galega do Audiovisual.
En marcha a nova web dos Premios Mestre Mateo
Compartir Este Artigo

