Ao abeiro dos seus servizos para as pemes e co gallo da chegada dos fondos europeos Next Generation e do Kit Dixital (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno central), R vén de desenvolver unha xornada informativa para axudar ás empresas a coller impulso neste contexto de progresiva recuperación sanitaria, social e económica. A charla celebrouse no edificio virtual da operadora, The Tech Experience, onde superou todas as expectativas de participación: contou coa presenza en liña de 300 persoas inscritas.
Baixo o título O programa Kit Dixital: que é e en que consiste?, a responsable de I+D de proxectos estratéxicos de Masmovil, Sabela Tilve, repasou os fundamentos para rendibilizar estas axudas que poden chegar ata os 12.000 euros. Son os chamados bonos dixitais, que foron debullados pola relatora ao tempo que enumerou as solucións engloban, con que importes, como solicitalos, a quen van dirixidos ou de que prazos se dispón, entre outras cousas.
Segundo lembrou, o programa Kit Dixital é unha iniciativa aprobada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital español. Cun orzamento total de 3.000 millóns de euros procedentes dos fondos Next Generation EU, facilitaranse axudas para dixitalizar un millón de pequenas empresas, microempresas e traballadores autónomos pertencentes a calquera sector ou tipoloxía de negocio. “Con esta finalidade preparáronse os bonos dixitais, cos que as pemes poderán contratar unha ou varias solucións dun catálogo específico e tomar impulso para avanzar de xeito significato no seu nivel de madurez dixital”, asegurou Tilve, indicando que “os bonos poden acadar un máximo de 12.000 € para empresas de 10 a 49 empregados, 6.000 € para microempresas de entre 3 e 9 empregados e 2.000 € para as que teñan entre 1 e 2 traballadores”.
Pola súa banda Alberto Díaz Freire, responsable de Alianzas e Transformación Dixital de R, na súa intervención Kit Dixital: o papel das pemes solicitantes e os axentes dixitalizadores explicou que R aspira a converterse en axente dixitalizador “para axudar as pemes durante todo o proceso coa solución máis adaptada ás súas necesidades, aproveitando a oportunidade singular que neste momento ofrecen os fondos europeos”. Neste sentido, dixo que R diferénciase do resto de competidores “porque propón un seguimento e asesoramento único a cada solicitante, ao tempo que pon á súa disposición unha gama ampla de servizos orientados á dixitalización do negocio e bríndase para a tramitación das axudas (bonos) e a implantación posterior dos servizos”.
Trátase, continou Díaz, “de acompañar e asesorar pequenas e medianas empresas para dotalas de solucións áxiles e sinxelas. Para iso contamos en R con importantes alianzas estratéxicas; non se trata tan só de acordos con grandes empresas e socios de referencia senón tamén con outras pemes nacionais e locais para lograr solucións específicas (…) Ese é o grande aspecto diferencial da proposta de R: a súa sensibilidade ante empresas non tan grandes, acompañándoas e asesorándoas de maneira personalizada e adaptada a cada unha delas en todo momento”.
Na charla, dirixida especialmente a empresas de 10 a 49 empregados/as, concretáronse tamén algunhas desas solucións dixitais “urxentes e imprescindibles na actualidade” para calquera negocio que queira manterse no mercado e competir. Solucións que R ofrecerá como axente dixitalizador e que van dende melloras no sitio web, reforzo da seguridade das comunicacións, xestión das redes sociais, desenvolvemento da enxeñaría e analítica de clientes/as, pasando pola xestión de procesos e factura electrónica ata a ciberseguridade e os servizos e ferramentas da oficina virtual.
R xuntou 300 participantes na súa charla sobre o Kit Dixital e o seu potencial de impulso para pemes
Compartir Este Artigo

