O Concello de Abegondo impulsa un programa de actividades para maiores baseado na estimulación cognitiva, o termalismo, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e as actividades ao aire libre. O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas de idade ao tempo que se impulsa a súa autonomía persoal e o seu nivel de envellecemento activo.
Así, os obradoiros de memoria estarán dispoñibles en Abegondo, os martes de 10:30 a 12:00 horas e en Viós, de 10:00 a 11:30 horas.
Na área de novas tecnoloxías e audiovisuais, estará dispoñible unha actividade para uso do móbil, coa que se pretende resolver dúbidas sobre o uso dos smartphones e as posibilidades que ofrecen. Será os mércores de 11:00 a 12:00 horas e ata o mes de xuño.
A partir de febreiro, continuarán as actividades de sendeirismo consistentes na realización de roteiros pola contorna de Abegondo, co obxectivo de camiñar, xa que é un bo exercicio cardiovascular, pero tamén de coñecer o territorio.
O Concello explica que “co servizo de orientación e apoio ao maior preténdese evitar o illamento social dos maiores, incidindo nas persoas que viven soas ou que teñen dificultades para acceder aos distintos recursos, a través de visitas domiciliarias e chamadas telefónicas dos técnicos de Servizos Sociais”.
Ante calquera dúbida, as persoas interesadas poden chamar ao 981 64 79 96 ou achegarse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Abegondo, ambos os casos tamén efectivos para realizar as inscricións.
Abegondo achega aos seus maiores ás posibilidades dos smartphones
Compartir Este Artigo

