Este venres 11 de febreiro celébrase no mundo o Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia, unha declaración da ONU (feita en 2015) que reivindica a necesidade de lograr a plena e equitativa presenza feminina nos ámbitos STEM, amais de procurar o seu empoderamento e a igualdade de xénero. A Universidade de Santiago volve ser este ano unha das institucións estatais que envorcan máis esforzos na celebración. O programa de actividades para conmemorar a xornada do venres 11-F é variado, diverso e estende as súas ramificacións alén do día conmemorativo en cuestión.
A continuación damos conta da axenda.
–Unha enxeñeira ou científica en cada cole (7ª edición)
Obxectivo: visibilizar referentes femininos nas disciplinas coñecidas como CTEM (acrónimo en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) coa realización de obradoiros.
Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero, coa colaboración do concello de Santiago
Dirixido a: alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria
Modalidade virtual
–Xornada Mulleres STEM do século XXI
Obxectivo: dar a coñecer o relevante papel das mulleres no mundo profesional, empresarial e académico vinculado coas disciplinas STEM; e outorgar visibilidade ao talento das mulleres nas disciplinas e contextos profesionais STEM en Galicia.
Data e lugar: 11 de febreiro ás 9.30 horas, Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)
Promove: Proxecto de investigación Aprendizaxe ao longo da vida nunha sociedade dixital: formación e recualificación para as novas profesións do mercado de traballo global.
Dirixido a: alumnado da USC e público en xeral
–Masterclass de Física de Partículas (3ª edición)
Obxectivo: Promover o acceso e participación plena e equitativa das rapazas no ámbito científico.
Organiza: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)
Dirixido a: alumnas de 1º de Bacharelato
Data e lugar: 11 de febreiro na Facultade de Matemáticas e na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC
–Teatro Christiane. Un bio-musical científico
Obxectivo: mostrar e reivindicar referentes femininos que, co exemplo da investigadora Christiane Dosne Pasqualini, poidan servir de inspiración para a rapazada e contribuír a promover a ciencia como carreira profesional.
Data e lugar: 11 Febreiro 2022, ás 10.00 horas e ás 12.00 horas, Biblioteca e Arquivo de Galicia, Auditorio Xosé Neira Vilas
Organiza: IGFAE, CiMUS, CiQUS
Dirixido a: alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato
–Presentación Proxecto Ciencia-me un cuento
Obxectivo: crear referentes positivos que reforcen as vocacións femininas no eido da ciencia desde idades temperás
Dirixido a: alumnado de primaria
Organiza: Xuvenciencia e Agromar
Data e lugar: 11 de febreiro no CEIP Paradai de Lugo
–Coloquio Como cambiamos cara a un planeta mellor?
Organiza: EqualSea Lab-CRETUS
Data e lugar: 11 de febreiro, ás 12.45 horas, no IES Antonio Fraguas e a través de Zoom
–Xornada: Ultra-Violetas. Os retos da Muller na Ciencia
Organiza: Grupo de Divulgación Científica USCOPTICA-USCEPS
Data e lugar: 11 de febreiro, ás 16.00 horas, Aula Magna da Facultade de Física e retransmitida en directo a través de Twitch
–Exposición #SomosQuen: Científicas preto de TI
Organiza: CiTIUS
Data e lugar: do 11 ao 17 de febreiro no Centro Comercial As Cancelas
-Exposición: Presenza das mulleres na ciencia: enxeñeiras en Galicia
Organiza: EPSE-Lugo
Data e lugar: do 11 de febreiro ao 8 de marzo na entrada do Pavillón III da EPSE
–Obradoiro infantil Investigadoras contra os virus
Organiza: Museo de Historia Natural da USC
Data e lugar: 12 de febreiro de 11.00 a 13.00 horas.
A USC celebra o Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia con obradoiros, exposicións e teatro
Compartir Este Artigo

