A operadora de orixe galega R reforzou co inicio do novo ano a presenza da súa rede en Abegondo. En concreto, os traballos recentes de despregadura engadiron os núcleos de Cancelada, Cerneda e A Igrexa á renovada rede de fibra óptica de última xeración de R no municipio coruñés.
Isto, explica a compañía, permitirá que os habitantes destes lugares dispoñan de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 10 Gbps simétricos e “gozar dos servizos máis avanzados de telecomunicacións do mercado”.
En total, conectáronse 90 novos fogares e negocios (Cancelada, 20; Cerneda, 62 e a Igrexa, 8). Estes traballos únense aos desenvolvidas con anterioridade para incorporar inmóbeis tamén noutros núcleos como Penedo e San Marcos, igualmente no eido do Plan Avanza, co que a peche de xaneiro acadouse a cifra de 293 residencias e empresas conectadas.
A operadora explica que cando se complete a despregadura de rede neste concello da contorna coruñesa, Abegondo contará, só en virtude do programa do Ministerio, cunhas 1.270 residencias e empresas conectadas ás redes de nova xeración do operador de orixe galega. Entre eses outros núcleos aos que R vai chegar en Abegondo figuran Monte, Trasiglesia, Beldoña, Vilar, Atrio, Picota, Quintas, Cobelo, Macenda, Pazo, Ferrería, Lamansián, Marces, Raíña, Souto do Val, Torreiro, Presedo, Orto de Arriba e Villamarín.
Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Abegondo enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destínase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€.
Abegondo suma 90 inmóbeis á nova rede de fibra óptica de R
Compartir Este Artigo

