Este xoves 17 de febreiro, través do Campus Remoto da UVigo, desenvolvese unha xornada sobre as oportunidades laborais (amplas e variadas) que ofrece a Enxeñaría Informática. A sesión puxo o foco nas altas taxas de empregabilidade que ostentan estes estudos, e tamén nas posibilidades que ofrecen non só para o ámbito privado, senón tamén para a docencia e a investigación. A xornada veu da man da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense.
A sesión arrancou cunha conferencia titulada Currículum vitae para enxeñaría. Presenta o teu potencial, ofrecida por Reyes Fernández, técnica superior en Orientación Laboral da Universidade de Vigo. Nela, o alumnado asistente coñeceu as claves para facer do mellor xeito posible a presentación do seu perfil profesional a entidades públicas e privadas na busca de emprego ou na busca dun mellor emprego, facendo fincapé nas particularidades que ten o ámbito das enxeñarías no que se moverán.
A seu remate celebrouse a conferencia Docencia e investigación universitaria como futuro profesional, ofrecida por Adrián Seara e Pedro Celard, persoal docente e investigador do Departamento de Informática da Universidade de Vigo. No seu caso quixeron trasladar ao alumnado presente, baseándose na súa propia traxectoria persoal, o traballo que como enxeñeiras e enxeñeiros informáticos poden desenvolver no ámbito universitario. “O que quixemos foi explicar aos estudantes como teñen que facer se queren dar clases na universidade e como é o mundo da docencia e a investigación nela”, sinalou Adrián Seara, que leva nove anos como profesor na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense.
Na súa intervención Seara comentou “que decantarse pola saída profesional da docencia soe ser algo moi vocacional, tenche que chamar”, dadas as numerosas opcións profesionais que teñen as persoas egresadas en Enxeñaría Informática no ámbito privado. O profesor sinalou que “malia a información dispoñible que hai na Rede, se non cho conta alguén que estea metido no tema, non é fácil para un persoa de fóra entender ao principio como é a carreira docente e investigadora na universidade e como se pode comezar nela”. Na súa intervención, Adrián Seara e Pedro Celard explicaron este proceso de acceso, a carga investigadora que vai asociada á figura docente e aspectos relacionados coa realización da tese de
A ESEI mostrou ao alumnado os amplos horizontes profesionais que ofrece a Enxeñaría Informática
Compartir Este Artigo

