Telefónica anuncia hoxe o acendido da súa rede 5G na banda dos 700 MHz, coa vista posta no Mobile World Congress de Barcelona, evento que poderá así gozar de cobertura 5G comercial de Telefónica na devandita banda que complementa ao despregamento especial de 5G na banda dos 3,5 GHz realizado por Telefónica nos pavillóns da Fira Barcelona.
O operador de telecomunicacións leva 8 meses preparando a súa infraestrutura para poder acender a 5G na banda dos 700 MHz, que chegará inicialmente a 700 poboacións de toda España (entre as que destacaría o concello de Sada), co obxectivo de rematar o ano con 1.400 municipios cubertos e chegando aos 2.400 en 2023.
A banda dos 700 MHz permitirá unha cobertura máis extensa, maior penetración en interiores e poder gozar de características da 5G como a baixa latencia. Deste xeito compleméntase o servizo que actualmente se ofrece na banda dos 3,5 GHz, e que no futuro tamén contará coas bandas milimétricas de 26 GHz para ofrecer maiores velocidades e capacidades (pensando principalmente en espazos moi conxestionados ou que demanden altas prestacións).
O acendido da banda dos 700 MHz realizarase paulatinamente, en nalgúns territorios os operadores terán que informar da operación aos cidadáns, por se detectan algún tipo de interferencia no sinal da TDT, para que poidan tomarse as medidas correctivas correspondentes.
Sada é unha das primeiras vilas en contar coa 5G de Telefónica na banda dos 700 MHz
Compartir Este Artigo
