A Axencia Española de Protección de Datos, co motivo do Día Europeo da Protección de Datos, recoñeceu o traballo realizado pola Deputación Foral de Bizkaia no proxecto que está a levar a cabo na provincia para garantir a privacidade dos datos persoais e os dereitos dixitais dos seus residentes, e no que participa a empesa galega Altia como unha das empresas adxudicatarias.
O Premio á Proactividade e Boas Prácticas no Cumprimento do RGPD e a LOPDGDD que obtivo a institución foral, consistiu nunha mención honorífica mediante un diploma e un trofeo, e na difusión dos proxectos e boas prácticas que desenvolve a propia Administración provincial.
No marco do plan que a Deputación Foral de Bizkaia puxo en marcha, Altia colaborou coa administración na parte de asesoría xurídica, na consultoría e na formación. En concreto, a firma tecnolóxica con sede en Oleiros prestou o servizo de asistencia xurídica, organizativa, técnica e consultoría para a adecuación da BFA-DFB e as súas entidades forais á lexislación e procedementos en materia de protección de datos; formou parte do servizo de consultoría para a adecuación da BFA-DFB e entidades forais ao RGPD e LOPDGDD; e impartiu sesións formativas en materia de protección de datos e tamén relacionadas coa implantación dos procesos devanditos.
O premio recoñece o traballo realizado pola Deputación, na que Altia vén colaborando desde 2019, á hora de garantir a privacidade dos datos persoais e dos dereitos dixitais a través do plan de adecuación á normativa de protección de datos do sector público foral.
A AEPD premia o proxecto de protección de datos da Deputación de Bizkaia materializado por Altia
Compartir Este Artigo

