Galicia vai estar á fronte, este ano. dunha das principais entidades para o impulso do que se coñece como eSaúde: a Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias. Farao a través de Avalia-t, a unidade da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) que se centra no seguimento e a análise exhaustiva de novas ferramentas TIC ao servizo da atención médica e asistencial.
Segundo informa a Xunta, a Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde (RedETS) é o órgano encargado de avaliar as novas tecnoloxías previamente á súa utilización polo sistema sanitario. A RedETS está formada por sete axencias de carácter autonómico e pola axencia do Instituto de Salud Carlos III (ISCII), que traballan baixo a coordinación e financiamento do Ministerio de Sanidade. A presidencia deste órgano, de carácter colexiado, exércese de forma rotatoria polos organismos integrados na rede. Neste ano 2022 correspóndelle esta presidencia á Avalia-t.
Por certo que o plan de traballo da RedETS en 2022 inclúe a avaliacións das tecnoloxías priorizadas polo conxunto de comunidades autónomas así como as actividades relativas ás liñas de traballo habituais, como o sistema de detección de tecnoloxías emerxentes ou os estudos de monitoraxe que fan un seguimento de intervencións recentemente incorporadas ao sistema para avaliar a súa efectividade e seguridade na práctica clínica habitual.
Enténdese que tecnoloxía sanitaria é calquera intervención que poida ser utilizada na promoción da saúde, prevención, diagnóstico ou tratamento dunha doenza, rehabilitación o coidados prologados, inclúe por tanto os medicamentos, os dispositivos, os procedementos médicos e cirúrxicos, así como as aplicacións móbiles e os sistemas organizativos dentro dos cales proporcionase a atención sanitaria.
Galicia preside a rede española encargada de avaliar os novos recursos de eSaúde
Compartir Este Artigo

