
Esa potencia, engadiu, “permite estar máis preto dos seres queridos que se atopan lonxe, teletraballar con garantías, pasar citas médicas en remoto, acceder a educación en liña, comprar por Internet ou gozar de videoxogos, películas e series a través da Rede”.
Nun proceso con varias fases, o operador pulsará o botón de aceso nas primeiras vivendas de Castro de Rei nos vindeiros, ao longo do mes de abril, empezando pola parroquia de Ribeiras de Lea. Unha vez se chege aos 1.116 fogares citados ao concluír 2022, Adamo cumpriría co compromiso adquirido co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
Partindo dese mínimo, con todo, é intención dos responsables da empresa instalar fibra de 1.000 Mb no resto de parroquias a través de investimentos propios, “sempre que se dea unha demanda en tal sentido entre os veciños”, apunta a compañía. Aquelas persoas interesadas en ter Internet ultrarrápido no concello poden apuntarse no grupo da web de Adamo específica de Castro de Rei.
O despregamento en Castro de Rei, que conta co respaldo e o seguimento do seu alcalde, Francisco Javier Balado, enmárcase no exhaustivo plan de expansión que a compañía está a desenvolver na provincia de Lugo, que incluíu a instalación de fibra en máis de 65.000 domicilios entre 2018 e 2021. A eles sumaranse outros 14.000 durante 2022 para redondear un total próximo aos 80.000 fogares na rede de Adamo.
A fibra de Adamo chegará a máis de 1.100 vivendas de Castro de Rei antes de que remate o ano
Compartir Este Artigo

