Ao abeiro do seu Programa Integrado de Emprego, a Asociación Compostela Monumental iniciou un curso de ofimática para incrementar a empregabilidade da cidadanía de Santiago e a súa contorna, poñendo o foco nas mulleres demandantes de actividade laboral. Trátase do Curso de Excell Avanzado ADGG020P0 que se celebra nas instalacións que a patronal do centro histórico ten na Algalia de Arriba 31.
A acción formativa, impartida por Alberto Fandiño, desenvolverase ata o próximo día 17 deste mes cun total de 20 horas lectivas desde as 17:00 ás 19:30 horas de luns a xoves.
O obxectivo que se persegue é que as alumnas aprendan a utilizar as aplicacións e deseño das funcións avanzadas da ferramenta de ofimática Excell, traballar con datos externos e a interconexión de Excell e Access.
Compostela Monumental desenvolve un ano máis o seu Programa Integrado de Emprego que conta co apoio do a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Máis de 100 mulleres desempregadas forman parte do mesmo, e a meta é lograr inserir no mundo laboral como mínimo ao 45% das mesmas.
Compostela Monumental arrinca un curso de Excel avanzado para impulsar a empregabilidade feminina
Compartir Este Artigo

