Meta anunciou hoxe novas funcionalidades dirixidas a informar ás familias e a dotalas de ferramentas para a supervisión paterna en Instagram e na realidade virtual, aínda que polo momento limitan a súa aplicación aos EE.UU., chegando ao resto do mundo nos vindeiros meses.
Coas novas ferramentas de supervisión para Instagram os proxenitores ou titores poden ver a cantidade de tempo pasan os mozos en Instagram e fixar un límite, reciben notificacións cando os seus rapaces denuncian a alguén e tamén reciben actualizacións sobre os seguidos e os seareiros que teñen os seus mozos, facilitando así o labor de supervisión.
Para que os proxenitores poidan supervisar a conta dun menor o mozo debe aprobar a solicitude de supervisón previamente, estando polo momento a función limitada a un proxenitor, estando previsto que nos vindeiros meses a supervisión de adolescentes poida realizarse por parte de varias persoas.
Nos vindeiros meses tamén está previsto que a supervisión paterna chegue aos cascos Quest, para os que comezarán a aplicarse medidas como bloquear a descarga de apps pouco axeitadas por parte de usuarios mozos, así como a posibilidade de que os proxenitores poidan bloquear o acceso a aplicacións que consideran que poden resultar prexudiciais.
Instagram estrea funcións de control paterno
Compartir Este Artigo
