The Social Media Family publica o VIII Informe sobre o uso de redes sociais en España, con estatísticas de uso de Facebook, Instagram, WhatsApp, Twitter, LinkedIn e TikTok nas 50 cidades máis poboadas do Estado durante 2021, destacando especialmente o sorpasso de Instagram a Facebook, xa que Facebook caeu ata os 21,7 millóns de usuarios (ou sexa, por debaixo dos niveis que rexistraba en 2015) e Instagram medra ata os 24 millóns de usuarios (igualando o máximo de Facebook en 2018). Cómpre salientar que o 58% dos usuarios de Facebook teñen máis de 40 anos de idade, mentres que Instagram ten o 65% dos perfís por debaixo dos 40 anos.
Tamén resulta revelador ver como LinkedIn medrou ata os 15 millóns de usuarios (pese a ser unha plataforma que non fai moito rebumbio), TikTok xa pode presumir de 15,5 millóns de usuarios maiores de idade (que podería achegarse aos 19 millóns de usuarios sumando aos menores de idade), Twitter confórmase cuns modestos 4,2 millóns de usuarios e WhatsApp chega aos 35,8 millóns de usuarios (ou sexa, que preto do 75% de toda a poboación usaría WhatsApp).
Instagram supera a Facebook en usuarios activos en España
Compartir Este Artigo
