Co gallo do Día Internacional das Nenas nas TIC a CRTVG lanza unha nova #AcciónG de responsabilidade social corporativa, a campaña #FaiClic, que a través da televisión e das redes sociais amosa a traxectoria de profesionais galegas que nun momento da súa vida fixeron clic e apostaron por unha formación STEM.
As referentes galegas que protagonizan a campaña #FaiClic da CRTVG son Edita de Lorenzo (enxeñeira de Telecomunicacións e profesora de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo), Luz Castro (enxeñeira informática e docente da facultade de Comunicación Audiovisual), Ana Bernabeu (directora do programa de doutoramento internacional Marine Science, Technology and Management na Universidade de Vigo), Antía Fernández (directora técnica da área de servizos e aplicacións de Gradiant), e Amparo Alonso (coordinadora do Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña).
Vídeos da campaña #FaiClic
