Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Román Rodríguez reclama máis fondos destinados ao galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Román Rodríguez reclama máis fondos destinados ao galego

Redacción
Publicado: 23/05/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

20220523_nos_01.jpgNo marco dunha xornada para dar a coñecer ao público xeral, universidades, empresas e administracións públicas o Proxecto Nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega, na que a comisionada especial para a Alianza pola Nova Economía da Lingua, Carmen Gallach, e diversos expertos tiveron a oportunidade de coñecer o traballo que se está a facer en Galicia, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reclamou ao Goberno central que incremente os fondos europeos destinados á lingua galega para contribuír á súa total incorporación á realidade dixital.
Como expresou, «a incorporación do galego e das outras linguas oficiais ás contornas dixitais debe ser un compromiso de todas as administracións e entidades porque é unha garantía para a súa preservación e promoción». Neste sentido, considerou insuficientes os fondos destinados ás linguas cooficiais no Proxecto Estratéxico para a Recuperación e a Transformación Económica (PERTE) Nova Economía da lingua aprobado polo Goberno central que, cun investimento global de 1.100 millóns de euros de investimento, destina só 30 millóns de euros a apoiar proxectos en linguas cooficiais.
Román Rodríguez apuntou que «a porcentaxe final é moi inferior ao importe total das iniciativas en desenvolvemento para a promoción das linguas cooficiais, tendo en conta, que, por exemplo só o Proxecto Nós custa máis de 15 millóns de euros. É preciso un apoio específico a linguas como o galego para asegurar a súa integración na transformación dixital da sociedade porque queremos poder falar con Siri, Alexa ou Google no idioma co que máis cómodos nos sintamos e, ademais, queremos facelo para ingresar sen obstáculos na realidade económica global».
Neste sentido, puxo como exemplo traballo coordinado que xa se está a facer desde Galicia con iniciativas como o Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da lingua galega, para o que Xunta e Universidade de Santiago inxectaron os primeiros 750.000 euros para visibilizar os primeiros traballos. Indicou que se trata dunha iniciativa que chegará ás tres universidades galegas no marco da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial e ao que se pretende dedicar un total de 15,5M€, o maior investimento directo na promoción do galego en toda a historia, para o que, reiterou, será necesario o compromiso e a implicación de todos.
20220523_nos_03.jpgNo contexto das conferencias celebradas hoxe, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades mantivo, ademais, un encontro coa comisionada especial para a Alianza pola Nova Economía da Lingua (que participou nun dos relatoriosI) e coa que visitou, xunto ao presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, o Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, sede na que o equipo do Proxecto Nós está a comezar os seu traballos.

Contidos
  • Implicación da cidadanía
  • Iniciativa estratéxica

Implicación da cidadanía

A xornada serviu para seguir dando pasos neste proxecto abríndoo á cidadanía, universidades, empresas e administracións públicas. Xunto ao conselleiro de Cultura, participaron na inauguración o reitor da USC, Antonio López, a directora da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, María Bobillo, e a comisionada especial para a Alianza pola Nova Economía da Lingua, Cristina Gallach.
O director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), Senén Barro, moderou a mesa redonda A importancia da tecnoloxía da linguaxe na sociedade e na economía coa participación de Cristina Gallach, xunto ao expresidente da Sociedade Española para o Procesamento da Linguaxe Natural, Manuel Palomar; o director do Instituto da Lingua Galega, Xosé Luis Regueira; a directora da Unidade Text Mining do Barcelona Supercomputing Center, Marta Villegas; o vicedirector do HiTZ (Basque Research Center for Language Technologies), Germán Rigau i Claramunt.
Tamén se celebraron distintos relatorios sobre a orixe, estado actual e futuro do Proxecto Nós a cargo de varios investigadores que están a traballar nesta iniciativa tanto do CiTIUS como Instituto da Lingua Galega, ambos dependentes da USC.

Iniciativa estratéxica

20220523_nos_02.jpgO Proxecto Nós é unha iniciativa estratéxica na que a Xunta e as universidades galegas están a traballar para conseguir a presenza do galego en asistentes de voz, subtitulación automática de contidos audiovisuais, apoio ao diagnóstico médico, servizos de teleasistencia avanzada, tramitación administrativa a través de asistentes virtuais, entre outras accións, que garantirán a presenza da lingua galega nas contornas dixitais.
Vén de entrar na súa segunda fase na que este ano os investigadores poderán avanzar no traballo de campo, deseñarán prototipos dos recursos, experimentarán cos primeiros demostradores e crearán bancos de voz a disposición de toda a cidadanía para facilitar que empresas empreguen o galego nas súas tecnoloxías, entre outras accións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?