Aínda que o metaverso ao que aspiran dende Facebook está moi lonxe, dende a compañía agora chamada Meta continúan a explorar funcións sociais para contornos virtuais, e hoxe presentan novos detalles sobre Horizon Home, contorno de realidade virtual no que os usuarios poden participar valéndose dos seus cascos Meta Quest.
Coa actualización que comezou a distribuírse entre usuarios de Horizon Home os usuarios poderán convidar a amigos para quedar no contorno virtual para dar un paseo ou incluso para participar en experiencias de xogo multiusuario (en xogos como Beat Saber, Demeo ou Echo VR). Tamén será posible xuntarse cos amigos para ver películas, documentais e concertos baixo demanda a través de Oculus TV, vivir experiencias aventureiras con The Soloist VR ou viaxar ata a Estación Espacial Internacional en ADAPT Space Explorers: The ISS Experience.
Un interesante paso adiante cara á visión de futuro que teñen dende Meta, aínda que polo momento dende España estamos fóra do programa de probas desta tecnoloxía.
Con Horizon Home queren facer que a experiencia virtual cos cascos Meta Quest sexa máis social
