Movistar reforzou a súa cobertura 5G en 312 concellos de toda España tanto de interior con gran afluencia de visitantes en datas estivais como en zonas costeiras tamén especialmente turísticas nestas datas. En concreto, un total de 86 municipios de provincias de interior ofrecen cobertura 5G de Movistar. Nas zonas costeiras, Movistar ampliou e reforzou o 5G nun total de 226 poboacións onde previsiblemente haberá máis concentración de persoas este verán, de modo que dispoñerán de conectividade móbil de altas prestacións coa nova tecnoloxía. No caso de Galicia a operadora realizou o despregamento da súa rede 5G en 26 zonas de praia.
Este ano Movistar incorporou a banda de 700 MHz no seu despregamento tras recibir todos os operadores a autorización por parte do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para activar os equipos radio (nodos) desta banda de frecuencias en febreiro de 2022.
De feito, esta cobertura estival inclúe tamén o aceso de máis de 500 instalacións de 700 MHz. Na actualidade, Movistar conta con estacións base 5G que emiten na frecuencia de 700 Mhz en todas as comunidades autónomas. O obxectivo é terminar o ano con 1.400 concellos con 700 MHz e en 2023 chegar aos 2.400.
Con este despregamento de verán, no que Movistar traballa con varios meses de antelación, a operadora segue avanzando na súa cobertura 5G que xa chega ao 82% da poboación coa instalación de nodos que cobren máis de 38 millóns de habitantes e 1.431 municipios de toda España.
Movistar leva a 5G a 26 zonas de praia en Galicia
Compartir Este Artigo

