Kaitlyn Michelle Siragusa, a celebridade na Rede máis coñecida polo seu alcume Amouranth, conseguiu manter unha forte presenza nas distintas plataformas sociais, riscando sempre os lindes das normas de cada plataforma con respecto ao contido erótico, acumulando 849 mil subscritores en YouTube e 5,6 millóns de seareiros de Twitch (dos que máis de 13 mil terían subscricións de pagamento), o que parecía que era un negocio máis que solvente, ao que habería que sumar os 273 mecenas en Patreon (que achegan como mínimo 17,50 euros/mes + IVE).
Pero estas plataformas, que xa de por si xerarían ingresos moi importantes, veñen de verse totalmente eclipsadas pola revelación dos ingresos que obtén Amouranth de OnlyFans, plataforma que si permite contidos eróticos, o que permítelle a esta moza de 28 anos ingresar máis de millón e medio de dólares ao mes, e acumular máis de 27 millóns de dólares en OnlyFans dende que está presente no servizo que mediante subscrición permite o acceso a contidos exclusivos que non poden verse en Twitch ou YouTube (que poderiamos considerar que son os cebos para atraer usuarios ás plataformas de monetización máis directa).
A revelación deste volume de negocio realízase para dar conta do equipo que está detrás deste éxito, e que ofrécese para que outras mozas poidan seguir os mesmos pasos, aínda que resulte bastante complicado replicar unha traxectoria semellante.
O que deixa claro esta revelación é que o número de subscritores que teñen as celebridades en público non son un indicativo fiable do seu éxito económico, e tanto plataformas opacas como outros negocios poden ser moito máis rendibles, quedando as plataformas máis coñecidas basicamente como escaparates.
Unha streamer recoñece ter ingresado máis de 27 millóns de dólares en OnlyFans
Compartir Este Artigo
