Nos últimos meses puidemos ver como Instagram mudaba drasticamente a súa orientación para competir directamente coa plataforma social de maior crecemento, TikTok, o que molestou a moitos usuarios que chegaron a promover unha petición para pedir «que Instagram volva ser Instagram», ou sexa, para que os contidos se presente en orde cronolóxica, escóitese aos creadores, deixe de replicarse a TikTok (apuntándose que a meirande parte dos Reels son contidos de TikTok reciclados) e volva a favorecerse o contido fotográfico (a esencia de Instagram) en vez dos vídeos.
Se ben esta petición conseguiu chamar á reflexión sobre a deriva de Instagram, o máximo responsable da plataforma, Adam Mosseri, quixo dar a cara para explicar que non deixarán nunca de lado a súa esencia, ou sexa, que manterán as fotografías, pero recoñece que Instagram ten que estar en constante evolución, adaptándose ás demandas do público, de aí que agora estean a probar contidos a pantalla completa na liña de TikTok ou que o vídeo teña máis relevancia. Instagram simplemente está a procurar ofrecer unha mellor experiencia de uso, para o que se adapta aos gustos dos usuarios, de aí que estean a realizar tantas probas piloto, comprobando así o que funciona e o que non, polo que os cambios que aplican definitivamente responden ás reaccións do público, de aí que non teña moito sentido recoller sinaturas na dirección contraria.
Protestan pola tiktokización de Instagram
Compartir Este Artigo
