Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha mostra explora en profundidade o fenómeno que supón a intelixencia artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha mostra explora en profundidade o fenómeno que supón a intelixencia artificial

Redacción
Publicado: 05/09/2022
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

ai_more_than_human_dsc00321.jpgAfundación, a Obra Social de ABANCA, inaugura a exposición internacional AI: More than Human, un dos proxectos máis importantes do ano, obra do Barbican Centre de Londres e coproducida polo Forum Groningen de Países Baixos. A mostra propón un percorrido pola orixe, os retos e as oportunidades que a intelixencia artificial expón ao ser humano, comezando nas súas antigas raíces ancoradas no xintoísmo xaponés e os primeiros experimentos de Ada Lovelace e Charles Babbage no campo da informática, ata os grandes desenvolvementos realizados desde a década de 1940 ata a actualidade.
ai_more_than_human_img_0700.jpgA montaxe ocupa a totalidade da sede de Afundación na Coruña e foi presentado esta mañá nunha convocatoria de prensa na que participaron Luke Kemp do Barbican Centre; Alba Meijide, comisaria da exposición; e Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación. Pola tarde tivo lugar a inauguración do proxecto, á que tamén acudiron Juan Carlos Escotet, presidente de ABANCA; Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; e Inés Rey, alcaldesa da Coruña; entre moitas outras autoridades.
ai_more_than_human_dsc00050.jpgLuke Kemp asegurou que « confiamos en que esta exposición logrará inspirar, animar a cuestionar, debater e discutir ao redor do fenómeno da intelixencia artificial e ofrecerá novas perspectivas sobre o noso mundo. Nós recoñecemos a perspectiva única que a arte, a ciencia, a cultura, a creatividade poden achegar aos visitantes, tanto escépticos como entusiastas, achega do mundo cambiante que nos rodea e como esta creatividade e investigación poden abrirnos a novas formas de estar nun mundo desafiante».
ai_more_than_human_dsc00232.jpg Os visitantes poderán interactuar directamente cos obxectos expostos para experimentar de primeira man as capacidades da intelixencia artificial. É por iso que o acceso á mesma se organizou en pases cada quince minutos. O tempo medio de visita é de 1 hora, pero unha vez o visitante acceda, pode permanecer o tempo que desexe. Poderase visitar ata o 5 de febreiro de 2023, de luns a domingo en horario de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30, agás os luns que abrirá só polas tardes. Os billetes están dispoñibles na web Ataquilla.com.
A exposición, organizada na Coruña en colaboración con ILUX Visual Technologies, está dividida en catro apartados diferentes:
ai_more_than_human_dsc00171.jpg – The Dream of AI é a primeira parada no percorrido. Nela demóstrase que os inicios da Intelixencia Artificial son moito máis antigos do que normalmente se cre, xa que se remonta a tradicións relixiosas coma o xintoísmo xaponés ou a cultura xudía. Comprender como este desexo histórico de dar vida a seres inertes permitiu ao home explorar o seu lugar no mundo axuda a entender a súa percepción e relación coa tecnoloxía.
ai_more_than_human_dsc00063.jpg – A segunda sección da exposición leva por nome Mind Machines e mostra como a Intelixencia Artificial cobra forma grazas aos avances informáticos e matemáticos dos séculos XIX e XX, e como estes seguiron expandíndose a gran velocidade no século XXI dando á tecnoloxía capacidades espectaculares como ocorre coas redes neuronais artificiais.
Os visitantes terán a oportunidade de ver e interactuar con proxectos de investigación e sistemas punteiros neste campo. ai_more_than_human_dsc00035.jpgEntre eles atópanse desenvolvementos históricos como a máquina Enigma e a máquina Bombe de Alan Turing, elementos craves no transcurso da II Guerra Mundial. Pero tamén os desenvolvementos máis recentes de empresas como DENSO Corporation, que expón o seu brazo robótico, e o departamento de Arte e Cultura de Google, que presenta unha obra interactiva que achega a intelixencia artificial á poesía británica do século XIX, entre outras moitas obras.
ai_more_than_human_dsc00250.jpg – Data Worlds é a terceira sección de AI: More than Human. Nela ofrécese unha análise da infinidade de aplicacións que ten esta tecnoloxía, así como a súa incorporación a campos como a sanidade, o xornalismo ou o comercio.
As obras desta sección achegan ao visitante ás cuestións éticas e morais que rodean actualmente á Intelixencia Artificial e analiza como afectan no día a día, contando con desenvolvementos entre os que se atopan un simulador de condución con análise facial ou un sistema capaz de converter os obxectos que perciba en pinturas en tempo real.
ai_more_than_human_dsc00040_detalle.jpg – Endless Evolution é a última sección do percorrido e céntrase na área de investigación coñecida como A-Life a cal amosa como a Intelixencia Artificial se fusiona con outras disciplinas para cambiar a nosa idea do que chamamos «natural». Aquí, o visitante poderá ver, por exemplo, como millóns de copias dun álbum musical poden ser codificadas en ADN e gardadas dentro de botes de spray, ou mesmo arrecender as flores dunha árbore que se extinguiu hai máis de 100 anos.
Complementando a estas catro secciones principais, a exposición tamén conta cunha serie de instalacións especiais como Future You, creada especialmente para AI: More than Human, que permite ao visitante enfrontarse ao seu sintético do futuro. Poderá observar como o personaxe aprende os seus movementos e retalo a seguir o ritmo mentres aprende a saltar e a bailar.
ai_more_than_human_dsc00216.jpg Na instalación PoemPortraits o visitante poderá facerse unha fotografía e doar unha palabra á obra de arte. A palabra elixida, xunto cunha palabra dun participante anterior, incorpórase a un poema único de dúas liñas xerado por un algoritmo e mapeado no retrato.
Na instalación dinámica e interactiva a gran escala, que recibe o nome de Totem, utilízase a detección e o Machine Learning para informar sobre os patróns, ritmos e comportamentos que o rodean. Estes poden cambiar segundo a luz, o número de persoas ou o movemento da sala.
2065 é un videoxogo de mundo aberto no que os xogadores exploran unha nación na que a automatización avanzada ha eliminado a necesidade de que os humanos traballen. Nel amósase a percepción do autor de como será este ano 2065, permitindo o acceso a tres experiencias distintas con 3 portais dentro do xogo.
Finalmente, AI: More than Human presenta en exclusiva na Coruña o desenvolvemento eVidens AI que aplica as posibilidades da Intelixencia Artificial ao ámbito das viaxes e o turismo. A través dun complexo sistema de Computer Vision baseado en Machine Learning, eVidens AI creou unha rede de deep learning capaz de realizar unha análise exhaustiva e categorizada en tempo real da información contida en miles de imaxes.





Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?