Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova edición da Mobile Week Ourense esgrime as TIC contra o despoboamento rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova edición da Mobile Week Ourense esgrime as TIC contra o despoboamento rural

Redacción
Publicado: 07/09/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

mobile_week_fcecj2swqaat_g5.jpgEsta mañá presentouse o programa de actividades da Mobile Week Ourense 2022, evento que terá lugar entre o 15 e 18 de setembro incluíndo obradoiros, relatorios, conferencias, demostracións ou formación dixital para todos os públicos. Participaron no acto de presentación o vicepresidente segundo do goberno provincial, César Fernández; a responsable de Mobile Week en Mobile World Capital Barcelona, Cristina Colom; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o director de Banca Institucional de Abanca en Ourense, Mateo Alonso San Román; a xerente do Inorde, Emma González; e o coordinador da Mobile Week Ourense, Fernando Suárez.
A iniciativa, que nace baixo a alianza da Deputación de Ourense e Mobile World Capital Barcelona, está deslocalizada pola provincia e perfilada baixo a necesidade da loita contra o despoboamento rural a través da dixitalización, o achegamento da administración ao cidadán e avanzar na adaptación da poboación á nova realidade tecnolóxica.
O vicepresidente segundo do goberno provincial, César Fernández, destacou que esta segunda edición “consolida unha aposta decidida do presidente da Deputación, Manuel Baltar, por situar á provincia á vangarda das novas tecnoloxías e o uso de ferramentas dixitais ao servizo da cidadanía”. Unha liña de traballo, engadiu, que non só permitirá loitar contra a fenda dixital, senón tamén “comprobar como esas tecnoloxías pódennos axudar a facer fronte ao despoboamento e o desarraigamento no rural”.
A responsable de Mobile Week en Mobile World Capital Barcelona, Cristina Colom, resaltou pola súa banda o compromiso de Ourense por conectar tecnoloxía e cidadanía. “Achegar a transformación dixital ás necesidades cotiás do cidadán do montón é un dos obxectivos de Mobile Week, que se consolidou nos últimos anos como unha iniciativa de éxito que axuda a acurtar as fendas dixitais, fomentar a inclusión dixital e impulsar o empoderamento dixital da cidadanía”, destacou Colom.
mobile_week_delegado_xunta.jpg O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, expresou a súa satisfacción por “participar, a través de Turismo de Galicia, nun proxecto no que a administración autonómica comparte moitos dos obxectivos, entre eles lograr que os servizos tecnolóxicos tamén cheguen ao rural”.
Pola súa banda, o coordinador do programa, Fernando Suárez, afirmou que o espírito da Mobile Week Ourense “é poñer ás persoas no centro do desenvolvemento tecnolóxico, por iso as actividades está destinadas a toda a cidadanía”. Tanto no Centro Cultural Marcos Valcárcel como noutros puntos da capital e da provincia, “os ourensáns poderán gozar dunha axenda de actividades moi ambiciosa” baseada, explicou Suárez, en tres eixos principais: os dereitos dixitais, a construción do futuro e as habilidades, con sesións formativas e talleres para todos os públicos e con atención á tecnoloxía desde os aspectos máis básicos ata os máis vangardistas.

Contidos deslocalizados

A Mobile Week Ourense deslocalizará actividades ao longo da provincia, con iniciativas xa programadas en concellos como Xinzo, Celanova, O Irixo ou San Xoán de Río, ademais doutros municipios que se anunciarán durante os vindeiros días.
Os contidos da Mobile Week Ourense están estruturados por colectivos de idade. Desta forma, os nenos terán actividades como simuladores de coches, competición do xogo Clash Royale, obradoiros de robótica e programación ou de navegación segura.
Entre as actividades para familias, destaca, dentro do Family Day, o taller Digicraft de Fundación Vodafone, que formará aos máis pequenos nas competencias dixitais para o futuro. O taller Un mundo conectado é outra proposta, organizada por CaixaBank, que permite coñecer como é o proceso de ideación dun novo negocio mediante a aplicación de tecnoloxía. Os adolescentes e mozos contarán, ademais, con accións como a charla da influente Carla Gabián, un concerto de música electrónica ou pases de curtos de animación.
Os pais e educadores terán á súa disposición contidos que virarán ao redor da educación na internet, a prevención de comportamentos de risco de adolescentes ou un escape room sobre a privacidade dixital. No marco da Mobile Week tamén se presentará a aplicación VouContigo, que traballa como nexo de seguridade entre familias e mozas nos traxectos nocturnos de volta a casa e outros escenarios similares.
Os profesionais contarán con actividades sobre os usos da Intelixencia Artificial, fondos de recuperación e a identidade electrónica. E os organizadores da Mobile Week Ourense deseñaron contidos enfocados para os maiores, con actividades ao redor da ciberseguridade, a formación dixital ou unha escape room sobre o Camiño de Santiago.
Ademais, entre as actividades paralelas que se desenvolverán durante estes días, a Mobile Week Ourense contará coa presentación dunha app do Camiño de Santiago, realizada polo Inorde, ou o conta contos Ciberseguridade con Sofía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?