Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R quere levar a banda larga aos fogares rurais galegos a través da 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R quere levar a banda larga aos fogares rurais galegos a través da 5G

Marcus Fernández
Publicado: 26/09/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mambo_axinha_fdwotcjwyaawadm.jpgO operador R está a sorprender cunha nova oferta de banda larga para o rural galego, co que achegan conectividade de ata 150 Mbps a vivendas que carecen de cobertura de fibra óptica facendo uso de conexións móbiles 5G, polo que nalgunhas localizacións conseguirán conexións cun rendemento moi superior á das conexións ADSL.
O novo Mambo Axiña non precisa de instalación e está baseado nun router Wi-Fi 6 que toma o acceso á Rede da banda larga móbil, cunha velocidade de ata 150 Mbps que aseguran que na actualidade ten unha velocidade media de 102 Mbps, podendo dar conexións a máis de 32 dispositivos a un tempo, polo que sería válido para gozar dun fogar conectado, para teletraballar e, no caso de contar cunha boa cobertura 5G, incluso serviría para poder gozar de xogos en liña.
nokia_router_mambo.jpgEsta oferta de R ten un prezo mensual de 34 euros/mes (aplicando un desconto promocional de 10 euros/mes durante 12 meses), aínda que tamén pode contratarse cun móbil con 30 GB de datos por 39 euros/mes ou con datos ilimitados por 49 euros/mes (aplicando en ambos casos o devandito desconto de 10 euros).
Cómpre salientar que o Mambo Axiña non inclúe liña de teléfono fixo, e que tamén pode funcionar con cobertura 4G, aínda que onde o funcionamento será máis axeitado é onde haxa cobertura 5G (que aínda é bastante reducida no rural galego).
Aínda que a instalación deste tipo de solución resulte doada, hai que advertir de que a situación do router resulta crucial, pois é moi importante colocalo nun lugar no que teña unha boa recepción do sinal móbil, á vez que tamén hai que procurar que non estea moi afastado dos dispositivos aos que dará conexión, de aí que haxa que buscar un equilibrio de coberturas para gozar dunha conexión estable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?