Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames organiza un obradoiro sobre seguridade dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames organiza un obradoiro sobre seguridade dixital

S. P.
Publicado: 27/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cartaz_seguridade_dixital_basica.jpgA Oficina de Voluntariado Informático de Software Libre de Ames, xunto co seu Banco de Reciclaxe Electrónica, dá continuidade este mes de outubro á súa programación de obradoiros que comezou no pasado mes de xullo. Sen ir máis lonxe, o sábado, 1 de outubro, de 11.00 a 13.30 horas, impartirase no edifico do antigo centro de saúde do Milladoiro un obradoiro sobre seguridade dixital básica. Encádrase nas actividades de divulgación tecnolóxica da Oficina para os grupos sociais menos favorecidos, poñendo o foco nas posibilidades dos programas non privativos.
taller_de_posta_a_punto_de_computadores1.jpg Na sesión aprenderase sobre conceptos básicos da seguridade dixital, para poder usar os nosos ordenadores e smartphones dunha forma mellor e máis segura. As persoas que queiran participar poden confirmar a súa asistencia premendo na ligazón específica habilitada.
A Oficina de Software Libre e o Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha pola Oficina de Voluntariado de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL). Algún dos seus obxectivos son “minorar o lixo electrónico, aumentar a vida útil destes aparellos e reducir o seu consumo”. Este proxecto botou a andar no pasado mes de maio. O primeiro obradoiro realizouse en xullo para a reparación e reciclaxe de altofalantes.
taller_de_posta_a_punto_de_computadores4.jpgEn setembro comezaron os obradoiros do segundo semestre deste ano cun taller de posta a punto, reciclaxe e instalación de computadores que segundo lembra o Concello de Ames, “tivo un grande éxito de participación”. Mostrouse como instalar un sistema operativo libre, un navegador, unha suite ofimática, un reprodutor de audio e vídeo ou un programa de edición de imaxes dixitais, etc.
A programación de obradoiros continúa este sábado, 1 de outubro, en horario de 11.00 a 13.30 horas, cun taller sobre seguridade dixital básica, que se vai impartir no edifico do antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8.
Entre os obxectivos da Oficina de Voluntariado Informático de Software Libre de Ames, xunto co seu Banco de Reciclaxe Electrónica, está reducir a fenda dixital para os colectivos vulnerables e minorar o lixo electrónico no municipio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?